Orzamento por partidas, movementos e saldo ao día. E o informe que fai falta o día que hai que xustificar unha subvención: o gasto de cada partida cruzado coas horas de voluntariado do mesmo exercicio.
Solicitar demostraciónCada exercicio ten o seu orzamento e cada orzamento as súas partidas, co previsto e a orixe dos fondos. Os movementos de ingreso e de gasto colgan dunha partida, de modo que o saldo de cada unha está ao día sen que ninguén sume nada. Un apuntamento equivocado anúlase, non se borra: deixa de contar, pero segue na base para poder explicar o oco. Un descadre que non se pode explicar é peor que o erro orixinal.
O informe pon, xunto ao gasto de cada partida, as horas de voluntariado do mesmo exercicio, con cantas persoas e cantos servizos as produciron. E esas horas saen do mesmo cálculo que alimenta os partes e a memoria anual, non dunha consulta escrita á parte: se as dúas cifras se calculasen por camiños distintos, antes ou despois dirían cousas distintas en dous documentos que van á mesma administración.
Non lle pon prezo á hora de voluntariado. Canto vale unha hora depende do que cada convocatoria permita imputar, e decidilo aquí sería fabricar unha cifra que alguén acaba presentando ante unha administración co membrete da agrupación. Entréganse as horas, quen as fixo e en que servizos; o importe ponno quen coñece a convocatoria. O informe tamén sinala os servizos sen duración rexistrada, en vez de estimalos.